|
 |
|
| |
Reforma do artigo 270 do Código
Penal: ¿Salvagardar os dereitos de autor ou criminalización
masiva de internautas?
O vindeiro 1 de outubro, entrará en
vigor a reforma do artigo 270 do Código Penal, polo que calquera que
dispoña dun software capaz de eliminar os sistemas de protección dos
CD ou DVD mercados nun establecemento legal, será un delincuente por
ter este sistema de desproteción, aínda que posúa o recibo que
acredite a súa compra e aínda que fóra fabricado por unha compañía
de software legal. A Asociación da Música en Internet, AMI subliña que a
nova redacción deste artigo é contraria ó dereito a copia privada e
a solución pasa por prohibir a proteción total nos CD e DVD
orixinais ou por eliminar o canon por copia privada nos CD e DVD
virxes. A proteción anticopia debería deixar a opción de realizar
polo menos unha copia de seguridade, solución que chegaría a
satisfacer os intereses dos colectivos protexidos pola Lei de
propiedade Intelectual (autores, artistas e discográficas)”.
ABERTA A INSCRIPCIÓN DO II
CONGRESO DO OBSERVATORIO PARA A CIBERSOCIEDADE 78
grupos de traballo debaterán en liña sobre a Sociedade do
Coñecemento A segunda edición do congreso en liña
"Cara qué Sociedade do Coñecemento?" do Observatorio para a
CiberSociedade contará con 78 grupos de traballo e 202
coordinadores de 19 estados diferentes, unhas cifras sen precedentes
que o convirten nun acontecemento de referencia para o mundo
académico, a empresa, as administracións, a sociedade civil e os
usuarios das Tecnoloxías da Informacion.
Un novo proxecto para a Sociedade da
Información Francisco Ros, secretario de Estado de
Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, está a preparar
un proxecto de traballo que estará rematado en xaneiro de 2006 e que
substituirá ó "España.es", para fomentar a Sociedade da
Información entre o 10 % dos cidadáns que carece de acceso a estas
infraestructuras. Do mesmo xeito, está a preparar un novo marco de
medición dos indicadores da Sociedade da Información para evitar a
controversia sobre a fiabilidade dos actuais indicadores.
Pornografía:
cadea perpetua en China China segue coa súa particular loita contra a pornografía en Internet e nos
móbiles, ameazando dende vivir baixo vixilancia obrigatoria,
detención, estar baixo custodia da policía, ata varios períodos de
cárcere e cadea perpetua. Despois da última campaña de xullo, as
autoridades pecharon centos de páxinas web e detiveron a máis de 300
persoas. Unha web pornográfica consultada máis de 250.000 ocasións
sería considerada un caso "moi grave" que podería acabar en cadea
perpetua para os seus responsables.
Pecha a CNNenEspañol.com
A coñecida web
CNN en Español, sorprendeu o pasado sábado día 4 de
setembro, coa clausura repentina do seu sitio web de noticias.
Coñecedores da situación subliñan que a explicación deste peche
podería ser as perdas económicas de manter o seu sitio web, sen
retornos publicitarios suficientes.
EN SEVILLA “Hacmeeting 2004” Malia o que o nome poida
suxerir, a quinta edición no Estado dun tipo de evento que nacía hai
xa sete anos na cidade italiana de Florencia, é ben máis que unha
xuntanza de “háckers”. Tecnoloxía, sociedade e política combínanse
nos asuntos a debate que durante varios días acolle un foro que
ofrece tamén obradoiros, exposicións e conferencias diversas. O
programa está aberto a todas as propostas. A cita: entre o
29 de outubro e o 1 de novembro en Sevilla.
II
edición da Navasparty en Pamplona A segunda convocatoria da 'Navarparty',
terá lugar entre o venres 24 e o luns 27 de setembro no pavillón
universitario da Universidade Pública de Navarra. O evento que ten
como e slogan "Second addiction!", abriu a inscrición para
512 postos.
Feliz 6º cumpreanos Google
Google foi inaugurado
o 7 de setembro de 1998, da man dos universitarios Sergey Brin e
Larry Page. O que comezou nun garaxe dun amigo dos seus fundadores,
converteuse no buscador máis famoso e usado do mundo, valorado nuns
27 millóns de dólares e que cotiza tamén no mercado bursátil.
Mellorando
Linux: Desafío Linux 2004 IBM anunciou o "IBM Linux Scholar Challenge", un
concurso destinado a estimular que estudantes e Universidades leven
a cabo melloras sobre Linux, en forma de perfeccionamento de
software e deseño de novas ferramentas para este sistema operativo.
A inscrición é gratuita, e pode facerse pola rede ata o 31 de
outubro e a entrega de proxectos será ata o 13 de decembro de 2004.
|
 |
 |
| ENQUISA |
 |
| Cres que é positiva a
Campaña Mundial de Seguridade na Rede?
| |
 |
| PARTICIPA |
 |
|
|
| ............................................................
Noticias
anteriores |
 |
 |
 Ver
todas
 Ver
todas
 SIMO TCI 2004. SIMO TCI, a Feira Internacional de
Informática, Multimedia e Comunicacións, celebrarase este ano do 9 ó 14 de
novembro, no Parque Feiral Juan Carlos I de Madrid. Nos pavillóns 10,
dedicado a eMobility, e no 8, cunha zona dedicada a Comunidade Dixital,
será onde o evento concentre a súa principal novidade con espazos
destinados a simular entornos reais de aplicación das tecnoloxías.
DeMobility, exporá as aplicacións destinadas á empresa que xa están
dispoñibles no mercado; e o 2º simulará unha cidade dixital con edificios,
vivendas e comercios nos que se convivirá man a man coa
tecnoloxía.
 República
Internet (2004). Carlos Sánchez Almeida On-line.
Publicado baixo licencia libre Creative
Commons
Gratis |
 |